CONCURSOS

   
DESEÑO A MIÑA GAL.T- SHIRT

Convócase un concurso para facer unha camiseta que conteña un lema en defensa do idioma  galego.

 BASES

-Poderán participar todas as aulas  de educación infantil e educación primaria.
- Cada aula elixirá e presentará como máximo un deseño, que será orixinal.
- O deseño consistirá na presentación dunha ilustración
     e unha mensaxe en defensa do idioma galego.
-         O xurado serán os membros do  EDLG.
-         Co traballo seleccionado imprimiranse as camisetas .
-         Cada aula presentará un único deseño, elaborado polo grupo. A aula da que se seleccione o traballo, recibirá un agasallo.

O prazo de presentación rematará o 18 de marzo.



I CONCURSO
   DE
       NARRACIÓNS BREVES:
          ”Contámoscho en familia”.



DATA LÍMITE DE  ENTREGA:
28 DE NOVEMBRO DE 2014


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xoán de  Requeixo ten como un dos seus obxectivos : “Valorar as  familias como elemento imprescindible na transmisión do idioma e como elemento insubstituible na aprendizaxe do alumnado”
                       
            Para traballar este obxectivo convócase o I CONCURSO   DE  NARRACIÓNS BREVES: “CONTÁMOSCHO EN FAMILIA”.
            O concurso rexirase polas seguintes bases:

BASES
            1.- Os textos estarán escritos  a man e en lingua galega, cunha extensión máxima dun folio por               unha soa cara. Deben ser  orixinais.

            2.- A temática das narracións versará sobre acontecementos (vendima, recollida de                                froitos,caída da folla, magosto...) ou   produtos do outono (cogomelos , castaña, noces...)

3.- A autoría dos textos ten que ser compartida entre un alumno ou  alumna e unha persoa adulta do seu ámbito familiar. Se a autoría é de varios irmáns, deberá constar o nome de todos.
O nome d@s autores figurará ao pé do texto presentado.
                        O texto debe vir acompañado dunha ilustración, coloreada coa técnica artística                         que se queira  e realizada pol@ alumn@ nun folio distinto ao do texto.

            4.- O prazo de presentación das narracións rematará o venres 28    de novembro.

5.-Entre tod@s @s participantes,farase unha selección,coa finalidade de que os contos formen parte dunha publicación.


6.- Os traballos seleccionados quedarán en poder do Equipo de     Dinamización da Lingua Galega do CEIP Xoán de Requeixo, quedando a disposición do centro.

            7.- O  xurado estará composto polo EDLG do CEIP  Xoán de       Requeixo, que dará a                            coñecer o seu fallo o día 11 de decembro.

8.- Os traballos serán entregados aos respectiv@s titor@s . Ao longo do día 28, un membro do EDLG pasará a recollelos.


O  EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  



CONCURSO POSTAL DO NADAL DIXITAL VICEPRESIDENCIA 1.ª DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Ao coidado da Dirección do Centro:
Prezadas amigas
Prezados amigos
Parece incrible pero xa temos o Nadal á volta da esquina e como nos encanta estar continuamente creando, queremos propoñervos que lle comuniquedes e animedes a todo o alumnado do voso centro a que participe no ?I CONCURSO POSTAL DO NADAL DIXITAL VICEPRESIDENCIA 1.ª DA DEPUTACIÓN DE LUGO?.
De que se trata?
Esta iniciativa da Vicepresidencia 1.ª da Deputación de Lugo diríxese a todo o alumnado dos Centros de Ensino da provincia de Lugo, en idades comprendidas entre os catro e os catorce anos.
Convidamos ás alumnas e alumnos  a que elaboren unha postal do Nadal utilizando as novas tecnoloxías. Calquera idea que se lles ocorra será benvida!
Nas bases tedes toda a información para participar. Agora a poñer en marcha o maxín  e?a crear! Espéranvos uns estupendos agasallos como premio á vosa capacidade creativa !



Mario Outeiro Iglesias
Deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo









CORRELINGUA 2015!

 INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO E LUGARES DE PARTICIPACIÓN EN:





Convócase este ano a V edición do Certame OUFF Escola. Este concurso de creación audiovisual, organizado pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai  dirixido aos centros de ensino públicos e privados. O prazo para participar finaliza o 27 de xuño de 2014.  Podedes ver as bases na seguinte  ligazón :




      -   PROXECTO TÍRALLE DA LINGUA 


                  XIV CONCURSO DE RELATO ORAL  

 BASES DO CONCURSO

1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.



2ª As historias contaranse en galego.



3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)


4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.


5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

  1) Primaria.

  2) 1º Ciclo de ESO.

  3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.


6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:

 1) A nivel centro de ensino.

 2) A nivel nacional.


7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase 

en función da participación, o que se comunicará aos centros.


8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 5 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.


9ª A fase final celebrarase o día 24 de abril en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.


10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, actuando de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega.


12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.


13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.

- IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio   Fraguas

    A Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, encamiñada á realización dun programa de pescuda sobre o patriminio lingüístico, etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histótico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia. Modalidades: ensino primario e ensino secundario. 
    Premios: un en cada unha das modalidades, dotado con 7.000 euros destinados á implementación do proxecto 
    Prazo de presentación de traballos: ata o 31 de maio de 2014 
    Lugar de presentación de proxectos: Fundación Antonio Fraguas Fraguas (San Domingos de Bonaval, 15703 Santiago de Compostela) 
    Máis información: tfno. 981 583 620 - fax 981 554 840 / enderezo electrónico: fundacionfraguas@museodopobo.com
 
  

No hay comentarios: