BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
BIOGRAFÍA Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega,Ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas). En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra. O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país. Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela. Tras unha vida entragada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1989.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Etiquetas
- ANIMACIÓN Á LECTURA (1)
- EDUCACIÓN INFANTIL (1)
- ENCONTRO CO ESCRITOR ANTONIO REIGOSA (1)
- ENLACES DE INTERÉS (1)
- LENDAS ILUSTRADAS POR PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1)
- LETRAS GALEGAS 2008 (1)
- LETRAS GALEGAS 2009 (1)
- LETRAS GALEGAS 2009:MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE RAMÓN pIÑEIRO (1)
- LETRAS GALEGAS 2014:XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1)
- OS MÁIS PEQUENOS PLANTAMOS UNHA CEPA NO PATIO (1)
- PRIMEIRO CICLO (1)
- REVISTA CHORIMA 2009 (1)
- SEGUNDO CICLO (1)
- TEATRO MIGALLAS: Camiño de Historias (1)
- TRÍPTICOS (1)
- TÍTERES NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO (1)
- XOGO SOBRE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1)