ACTIVIDADES 2014


PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


CURSO 2013/2014



  MEMBROS DO EDL PARA O CURSO 2013/2014
     O  EDL  durante este curso 2013/2014 está formado por:

          E INFANTIL: 
                 Rosa María Yebra Amorín
               Mª Inmaculada Conde Rodríguez
Mª Luz Otero Meijide
                                 
          1º CICLO:
              María Blanco Vázquez
                   
         
          2º CICLO:
              Mª Luisa Díaz Pardo
                   
          3º CICLO:
  Alicia Varela Fernández
            Manuel Ángel Gómez Abad

            PERSOAL NON DOCENTE:
  Sonia Martínez Álvarez
         
          COORDINADORA:

                    Aurelia Daviña Gómez
                     










                                                                OBXECTIVOS
                            
             -Potenciar o uso da lingua galega en todas as actividades do CEIP Xoán de                Requeixo.
         
          -Lograr unha valoración positiva da  cultura e a lingua galega.

          -Trazar liñas de traballo que promovan a autoestima lingüística das familias,       valorándoas como elemento imprescindible na transmisión do idioma e como elemento insustituible na aprendizaxe do alumnado.

          - Fomentar o interese pola audición da música galega.

          -  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.

          - Contribuír á recuperación da tradición no  contorno.

          - Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

          - Ampliar o fondo fonográfico , bibliográfico e audiovisual do centro.

          - Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.

          -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o  desenvolvemento de diferentes actividades.

          -Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo.

          -Formar ao alumnado   nos aspectos esenciais do audiovisual para que sexa         capaz de  reflexionar e fomentando a súa  actitude crítica .

Colaborar con outros centros nun proxecto común.

-Achegar ao alumnado a ámbitos xeográficos galegos diferentes ao noso, cunhas tradicións e medios de vida diferentes.
           
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DE            DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA  PARA CADA UN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS.

          Antes de cada actividade constarán os  obxectivos  que se pretenden acadar coa mesma, anque hai que dicir que  dous deles   están presentes en todas as actividades .Coa finalidade de non repetilos en cada unha das actividades, citámolos a continuación:

            1. -Potenciar o uso da lingua galega en todas as actividades do CEIP Xoán de                         Requeixo.
           
            2.-Lograr unha valoración positiva do uso da lingua galega.

           Ao comezo de cada actividade, recordaremos o obxectivo que se           pretende acadar coa mesma.
         
As actividades por trimestre, son as que seguen :


1º TRIMESTRE 


PARTICIPACIÓN XUNTO CON OUTROS CENTROS DA COMUNIDADE GALEGA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO ESTIÑO
Obxectivos
- Colaboración con outros centros nun proxecto común
- Contribuir á recuperación da tradición do contorno.
- Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
-Potenciar a colaboración das familias no proceso.
-Achegar o traballo do alumnado ás familias .
         
          Igual que en anos anteriores participaremos nesta actividade; aínda non coñecemos o tema do calendario 2014;  unha vez que se saiba o tema e as normas de este ano, informaráse a todos os titores e titoras  por escrito das directrices a seguir, xunto coa maqueta dentro da cal se  realizará dito traballo.

Posteriormente recolleránse os traballos e os membros do EDL seleccionaremos os que nos parezan mellores, antes de reunirnos cos outros centros.
Por último faráse unha reunión conxunta co fin de seleccionar soamente un traballo para formar parte do calendario.
Esta actividade irá dirixida a todo o alumnado do centro.

                    RECUPERACIÓN DA TRADICIÓN DO CONTORNO. ACTIVIDADES SOBRE O MAGOSTO: RECOMPILACIÓN DE CANTIGAS RELACIONADAS CO MAGOSTO 
Obxectivos:
-Trazar liñas de traballo que promovan a autoestima lingüística das familia  valorándoas como elemento imprescindible na transmisión do idioma e como    elemento insustituible na aprendizaxe do alumnado.
- Contribuir á recuperación da tradición do contorno.
- Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
-Potenciar a colaboración das familias no proceso.
-Achegar o traballo do alumnado ás familias .
- Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
Recompilaremos cantigas relacionadas co magosto coa finalidade de recuperalas da tradición oral e cantalas durante a celebración desta festa.
Coas cantigas recollidas faráse un tríptico ou díptico para distribuír entre todo o alumnado.


EXPOSICIÓN DE COGUMELOS
Obxectivos:
-Trazar liñas de traballo que promovan a autoestima lingüística das familia  valorándoas como elemento imprescindible na transmisión do idioma e como    elemento insustituible na aprendizaxe do alumnado.
- Contribuir á recuperación da tradición do contorno.
- Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
-Potenciar a colaboración das familias no proceso.
-Achegar o traballo do alumnado ás familias .
Se o tempo o permite, coa recolecta que faga o alumnado, faremos unha exposición de cogumelos .
Para etiquetar e comentar as características dos distintos cogumelos, contaremos coa colaboración dalgún experto.
    FELICITACIÓN DE NADAL PARA ENVIAR ÁS FAMILIAS .


    Obxectivos:
-  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.
 -Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
- Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso   traballo de Equipo.

          Tomaráse unha foto de cada grupo que formará parte da felicitación, este ano, igual que o curso pasado, temos previsto que a felicitación se convirta nun calendario de mesa.



          . CREAR UN CD CON MÚSICA GALEGA
     -Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
            - Fomentar o interese pola audición da música galega.
            - Ampliar o fondo fonográfico , bibliográfico e audiovisual do centro.

          Dada a valoración positiva que tivo esta actividade os cursos pasados, daráselle continuidade este ano,  creando un  cd, para uso didáctico, con cancións novas de música galega.
          Este cd distribuiráse entre todo o profesorado e persoal non docente do centro.



SEGUNDO TRIMESTRE


 DISFRAZÁMONOS DE ANIMAIS: ELABORACIÓN DUN MARCAPÁXINAS




Obxectivos:
           -Trazar liñas de traballo que promovan a autoestima lingüística das   familias, valorándoas como elemento imprescindible na transmisión do idioma e como    elemento insustituible na aprendizaxe do alumnado.
            - Contribuir á recuperación da literatura oral do contorno.
            - Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
            -Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo.
- Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute -Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.


Tendo en conta que este curso o Equipo de Actividades Extraescolares ten como tema central das súas celebracións o zoo, o EDLG ten previsto propoñer a elaboración dun marcapáxinas que teña forma de animal e conteña un refrán sobre o entroido.
En cada ciclo o EDLG elixirá un marcapáxinas, o traballo seleccionado será distribuído entre o alumnado dese ciclo.

            . ADIVIÑA , ADIVIÑANZA....

Obxectivos
           - Lograr unha valoración positiva da  cultura e a lingua galega.
            -Buscar a colaboración doutras entidades do entorno para o    desenvolvemento da    actividade.

            En colaboración coas tendas da vila, elaboraremos etiquetas    que conteñan unha adiviña ilustrada en galego.
Estas etiquetas serán distribuídas polas tendas de agasallos da vila, acompañando a cada compra.





OBRA DE TEATRO PROFESIONAL


- Fomentar o gusto pola lectura
- Valorar  a cultura galega

          Contactaremos cun grupo de teatro profesional coa finalidade de que representen unha función para todo o alumnado  do colexio.



INICIACIÓN DO TRABALLO PARA A PUBLICACIÓN DO NÚMERO 13 DA REVISTA CHORIMA

          Iniciarase a distribución do traballo por nivel ou clase.
          Trazaranse as liñas a seguir .



3º TRIMESTRE

REVISTA ESCOLAR CHORIMA
Obxectivos
    -Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
               - Fomentar o gusto pola lectura.
- Valorar  a cultura galega.
-  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.
           -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o desenvolvemento       de diferentes actividades.
                 -Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo.
 – Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa



          Publicaráse durante o mes de maio o  seguinte número  da revista Chorima.
         
  VISITA DUN ESCRITOR OU ESCRITORA  OU ILUSTRADOR/A  
        En colaboración coa Biblioteca Escolar, programarase a visita dalgún escritor ou escritora para 2º e 3º ciclos, achegando ao alumnado á obra do mesmo , e algún contacontos para Educación Infantil e 1º ciclo.

GRAVACIÓN DUN CURTO
-Formar ao alumnado   nos aspectos esenciais do audiovisual para que sexa capaz de  reflexionar e fomentando a súa  actitude crítica .

Tentaremos gravar un curto , a temática está por determinar

CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Obxectivos
- Valorar  a cultura galega.
-  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.
 – Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa




Organizaráse un Festival para celebrar o mes das Letras.



ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER AO LONGO DE TODO O CURSO

RECUPERACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS NO PATIO
Obxectivos
- Recuperar o gusto polos xogos tradicionais.
- Socializar entre si ao alumnado que ten dificultades para facelo.

Igual que o curso pasado, e en colaboración co profesorado de Educación Física, o EDL tentará dinamizar os xogos do patio nas horas de lecer.
          Faránse quendas para os diferentes xogos , e ao final da quenda terá lugar unha competición.
  
ADQUISICIÓN DE BIBLIOGRAFÍA E DIFERENTE MATERIAL DIDÁCTICO.
Obxectivos


               - Fomentar o gusto pola lectura
- Valorar  a cultura galega
- Ampliar o fondo fonográfico , bibliográfico e audiovisual do centro
.– Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa


          - Adquirir  bibliografía sobre o escritor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro..
          - Proporcionaráselle ao profesorado, material didáctico sobre o escritor homenaxeado.
-Adquisición de calquera tipo de bibliografía que se considere interesante para a aprendizaxe e mellora da lingua galega.


INTERCAMBIO  CUN COLEXIO DUN ÁMBITO XEOGRÁFICO DISTINTO Ó NOSO 
Obxectivos
          - Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
           -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o desenvolvemento de    diferentes actividades.
    - Achegar ó alumnado a ámbitos xeográficos diferentes ó noso,  cunhas tradicións e medios de vida diferentes

Está por determinar o colexio co que faremos o intercambio.


 ACTIVIDADES DE CARA O ENTORNO EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA
 Obxectivos:
  - Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
            -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o desenvolvemento de    diferentes actividades.

          . EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA VILA, TENTAREMOS DESEÑAR UNHA NOVA TIRADA DE BOLSAS DA COMPRA, CON ILUSTRACIÓNS E ESLOGANS EN DEFENSA DO GALEGO.


. TAMÉN TENTAREMOS CONTACTAR CON DIFERENTES HOSTALEIROS DA VILA E POÑER AS SÚAS CARTAS DE MENÚ EN LINGUA GALEGA.
  COLABORAREMOS CO EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NAS DIFERENTES CELEBRACIÓNS: SAMAÍN, MAGOSTO, DÍA DA PAZ...




No hay comentarios: