AS COBRAS DE SOBRECEDO

Outro dos mitos localízase na veciña parroquia taboadesa de Sobrecedo. É neste lugar onde os veciños falaban das Cobras que roldaban pola Ribeira Sacra: “as cobras cando son vellas, claro que voaban... E andaban derredor, mordían o rabo, enroscábanse, tirábanse pola ribeira ou polos montes... Eu nunca as vin, sempre se dixo, contan iso...”.
Estes seres eran a representación do mal e contábase que chegaban a alcanzar tamaños extraordinarios. Segundo a crenza popular estaban emparentadas cos cantos e as serpes que gardaban tesouros nas covas; eran a representación de moitos dos medos e temores das xentes da zona

O APÓSTOLO SANTIAGO

O apóstolo tamén deixou na nosa comarca unha fonda pegada. Dúas son as lendas que sobre este santo perduraron na memoria de moitos dos habitantes do municipio e cuxos relatos din así:
Estando o santo de paso polo lugar de Santiago da Riba, ollaba con tranquilidade dende o seu fermoso cabalo como as xentes se adicaban as labores da sega e do abancado das muras. Entrementres, chega ós seus oídos que a Virxe María tan só está cuberta por unha estopa de liño. Non o dubida, ten que actuar de inmediato. O primeiro que pensa é en vender o seu cabalo para dotar á Virxe dunha vestimenta acorde co seu rango. Para elo ten en mente dirixirse cara a vila de Monterroso e acometer tal pensamento. Pero os veciños de Santiago da Riba non o deixan e para subsanar o problema da Santa Nai deciden: “poxar vagos, xuntar cen canados, e poñer á Virxe guapa e churrusqueira”.
A segunda das lendas ou tradición piedosa, versa sobre o Castelo e Pazo de Chantada . O mandato que Xesús encomendara ós seus apóstolos unha vez resucitado despois da súa cruenta morte na cruz fora o de expandir as súas ensinanzas por todo o mundo. En cumplimento de tal tarefa, o apóstolo Santiago dirixiuse cara España.
Tras un longo percorrido chegou a terras do noso municipio atopándose no seu camiño cun poderoso señor da época: o propietario do castelo e pazo Chantada. Segundo se cre, conseguiu que o señor deste castelo e a súa familia se convertesen ó cristianismo. Deste xeito, o señor adoptou como brasón aquel no que figuraban cinco cruces sen cabeza (Tau) que sería o primitivo escudo dos Fernández de Temes.

A XACIA DE CHOUZÁN

Existe no río Miño unha raza de seres chamados xacios, que se refuxian nos profundos pozos de devandito río.
Estes seres acuáticos coñécense co nome de xacias, presentan a forma humana; así é que o mesmo viven no interior do referido castro que nas augas do Miño.
Pescando ás beiras de devandito río, un veciño do lugar de Marce viu unha xacia, bela e fermosísima, a cal manifestou ao pescador que, se a bautizaba quedaría desencantada e casaría con el. Bautizouna o pescador e casaron.
Os fillos que naceron deste matrimonio eran moi afecionados a bañarse ni Miño, regatos e cantos tanques de auga existen no citado lugar .
En certa ocasión pola súa excesiva tendencia ao baño, díxolles: marchádevos de aquí fillos dunha xacia!
E ó chegar á casa discutiu coa súa dona.
Aborrecida a xacia do seu marido, abandonouno e volveu ao río; pero os seus connaturais descuartizárona .
O seu marido foi undía na súa busca e, observou que, nas abas do Castro de Castro de Marce, flotaban sobre as augas as entrañas da que fora a súa muller.
Os xacios matárona por bautizarse.

A PENA DE EROSA

Unha das lendas que percorre o municipio de Chantada é a da Pena de Erosa . Este lugar, sito na freguesía de Santa Baia de Adá, ten nas súas inmediacións unhas curiosas penedas enclavadas na marxe esquerda da antiga estrada que unía Monforte de Lemos con Lalín. Das mesmas existen multitude de interpretacións e lendas pero hai unha en concreto que co tempo adquiriu maior relevancia; a día de hoxe é a máis estendida entre os do lugar.
A lenda cóntanos que unha moura, que portaba na súa cabeza unha inmensa pedra, era perseguida con tremenda ansia; no seu camiño atopouse de súpeto cunha gran peneda que a nosa protagonista identificou como base para sobre da mesma colocar a que levaba na cabeza. Deste xeito xurdiu unha curiosa composición pétrea que aínda hoxe podemos contemplar moi preto de Erosa.






Xa tedes á vosa disposición na web http://www.seminariogalan.org diverso material didáctico sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009, Ramón Piñeiro López.
Nesta web podedes atopar a biografía do autor, fotos, material didáctico, en formato PDF, e actividades en Jclic e Edlim para cada un dos tres ciclos de primaria e educación infantil.
O escritor ANTONIO REIGOSA visitou o colexio o Día do Libro (23 de abril). O alumnado de terceiro ciclo leu o seu libro Bacoriño.
BIOGRAFÍA DO AUTOR
Nacín en Zoñán, Mondoñedo, o 15 de agosto de 1958. Alí, sendo neno, tratei cos mouros do castro veciño, aprendín a coñecer os encantos que sementaban a néboa no curuto da Pena da Roca e, anque nunca o conseguín, intentei moitas veces botar a rolos polo mundo abaixo unha grande rocha que se mantén en extraño equilibrio chamada Pena Morcán. Destas e doutras experiencias da miña infancia venme, creo eu, a miña querencia pola fantasía popular.
Traballo no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo desde 1982. Son escritor, conferenciante, investigador da mitoloxía e da literatura oral galega, colaboro con traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.
Son cofundador de "Chaira", Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán R. Cuba, xuntos levamos adiante varias campañas de recollida en distintos concellos da provincia de Lugo. Ponente en numerosas xornadas e congresos, participo en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.
Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada.
Coordinador da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo desde 2004. Das obras que se relacionan no apartado correspondente, unha boa parte escribinas en colaboración con Xoán Ramiro Cuba e con Xosé Miranda.
Recibín, entre outros, os seguintes premios: Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura (1987), o Facho (1989), o Premio Merlín, (1998 ), Premio Supernova (1999), Premio Raíña Lupa,(2000), Lucense do Ano (2002), Premio Frei Martín Sarmiento (2005); e fun finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil o ano 1999 con "Memorias dun raposo", e do Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria o ano 2004 con "Pesadelos".

FOTOS DO ENCONTRO





.
RAMÓN PIÑEIRO
Panel informativo sobre Ramón Piñeiro colocado á entarda do colexio





BIOGRAFÍA
Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) en 1915. Despois de cursar na capital de provincia o Bacharelato elemental, volta á súa vila para axudar nas tarefas agrícolas familiares e en 1930 comeza a traballar en Sarria. En 1931, ano da proclamación da República, terá a oportunidade de asistir nesta vila a diferentes actos electorais. Un ano despois Piñeiro regresa a Lugo para estudar o Bacharelato superior e, influído por un mitin do recén creado Partido Galeguista, Ramón participaría na creación da Mocedade Galeguista de Lugo, sendo elixido na altura secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo de presidente). A partir deste momento Piñeiro entra nun período de intensa actividade política que o levaría a exercer en 1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.
Tras a guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid. Porén, Piñeiro, máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, abandonaría definitivamente estes estudos. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, bascos e galegos deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será designado como representante galego naquela xestión. De regreso sería detido e condenado a seis anos de prisión, dos cales cumpriría tres, de 1946 a 1949. Xa libre, Piñeiro voltará a Galiza e desde entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a desvertebración do Partido Galeguista. Froito deste posicionamento, coñecido como "piñeirismo", será a fundación en Vigo de Galaxia (1950), a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega. Desde a mesa do seu gabinete de Xelmirez fomentará entre a mocidade o imposibilismo dunha reactivación política galega e dedicarase á escrita. A súa breve produción ensaística (mesmo a de carácter lingüístico-literario, como a que se recolle en Olladas no futuro, de 1974) ten como punto de partida o pensamento filosófico: Siñificado metafísico da saudade (1951), Pra unha filosofía da saudade (1953), A saudade e Rosalía (1962)...
No ano 1967 ingresa na Real Academia Gallega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae eleito deputado independente do Parlamento de Galiza polas listas do PSdeG-PSOE e desde 1983 até a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.
DÍA: Luns 23 de marzo
HORA: 11.45 h
LUGAR: Salón de Actos do colexio
DURACIÓN DA OBRA: 1 hora

.Representación teatral para todo o alumnado do centro, da obra O Libro Máxico a cargo do grupo MIGALLAS.











. ANIMACIÓN Á LECTURA
OBRA DE TEATRO O Libro Máxico

ACTIVIDADES SOBRE O Libro máxico
. Elaborouse un panel expositivo con fotografías tomadas durante a obra .






. Proporcionouse a cada ciclo o seguinte material para seguir traballando a obra a posteriori:
. Unidade didáctica
. cd co tema musical da obra
. poster de animación á lectura

VÍA ROMANA CASTROS E TUMBAS ANTROPOMORFAS


http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_rutas.htm
http://http://albergueria.com/curiosidades.htm

http://concellomontederramo.org/ga/upload/inf/297-d-ribeirasacra_G.pdf

http://www.concellodosavinao.com/

http://www.concellocarballedo.info/index.php




PETOS DE ÁNIMAS E CASTROS


http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_rutas.htm

http://www.concellodetaboada.com/cruceiros/index.htm

http://concellomontederramo.org/ga/upload/inf/297-d-ribeirasacra_G.pdf

http://www.concellodosavinao.com/

http://www.concellocarballedo.info/index.php



IGREXAS DE CHANTADA


http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_rutas.htm

http://www.lugosur.com/CONCELLOS/CASTELLANO/CHANTADA/portada.html

http://www.galiciaenfiestas.com/munichantada.htm

http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=121&crec=5477&cidi=E

http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Mosteiro_de_San_Salvador_de_Asma



IGREXAS DESTACADAS NA RIBEIRA SACRA AGÁS CHANTADA


http://www.concellodetaboada.com/Pax%20primera%20espanol.htm

http://es.geocities.com/osavinao/

http://www.concellodosavinao.com/

http://www.concellocarballedo.info/index.php



RIBEIRA


http://it.truveo.com/El-trabajo-de-los-vendimiadores-en-la-Ribeira/id/4052496368


http://www.blogoteca.com/ribeirasacra/


http://www.ribeirasacra.org/ca/web/galeria.php?idc=16


http://www.viaromana.es/ribeira.asp



ELABORACIÓN DO VIÑO


http://www.apoloybaco.es/DORibeirasa

http://books.google.es/booksid=7svLOzI4nmEC&pg=PA44&lpg=PA44&dq=TRABALLOS+A+MAN++DAS+VIDES&source=bl&ots=KFUuBhhKDf&sig=2xE02da75p5jVn-1qeW4hPEE6T4&hl=es&ei=57bUScLtNsiA_AbJl6niDA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6#PPA58,M1cra.htm

http://www.edu.xunta.es/portal/contenido?comando=ContenidoDinamicoComando&accion=verRecurso&rID=9daf88b8-4532174a-007470dd-d76b7fc3&trID=8921cb80-453431ca-001803fb-54f18d4a&lID=gl&troID=89165fda-453431ca-001803fb-7166bfe9&ui=WAI&roID=4abbf7b7-4532174e-00b85b36-d9b014e2