DICIONARIOS
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html
RECURSOS SOBRE LINGUA GALEGA
http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=¡LdehoAm1
http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html
RECURSOS SOBRE LINGUA GALEGA
http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=¡LdehoAm1
http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp
EDUCACIÓN INFANTIL
XOGOS
http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/pant/aforcado.jpg
Pásovos este xogo que fixen co "Proxecto Xogamos?" sobre a vida e obra de Xosé María Álvarez Blazquez que homenaxeamos este 17 de maio. Está pensado para comprobar os coñecementos adquiridos sobre o autor. Para dous xogadores (3º ciclo de primaria ou da ESO):
CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS 2008, A BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA VÉN DE INAUGURAR RECENTEMENTE O SEU ESPECIAL ADICADO Á FIGURA DO ESCRITOR XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.
NESTE ENDEREZO
http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2008/index.html
OFRÉCESE INFORMACIÓN BIOGRÁFICA, BIBLIOGRAFÍA, ASÍ COMO UNHA ESCOLMA DA SÚA PRODUCIÓN LITERARIA E LIGAZÓNS A OUTRAS PÁXINAS SOBRE O AUTOR.
BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
(Tui, 1915- Vigo, 1985)
A biografía de Álvarez Blázquez, militante do galeguismo desde 1934, está marcada polo tráxico fusilamento do seu pai, o doutor Darío Álvarez Limeses en Tui, o 30 de outubro de 1936.
Mestre de profesión, foi desterrado a Coreses (Zamora), tendo finalmente que deixar a carreira e regresar a Vigo, a cidade na que desenvolveu grande parte da súa vida, e onde era Cronista Oficial da cidade.
Membro da Academia Galega, preocupado por recuperar textos dos chamados ‘anos escuros’, o seu discurso de ingreso versou sobre esa época co título de Cantares e romances vellos prosificados.
Por outra parte é coñecido o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como editor. En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo.
Máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. Ás Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e se vendeu por milleiros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os escritores contemporáneos de Celso Emilio Ferreiro a Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Manuel María.
OBRAS
Autor de tres poemarios en galego, unha pequena obra en prosa e diversos estudos de investigación na nosa lingua, en Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) recoñece a Academia un intenso labor patriótico, “exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou
Narrativa
Os ruíns, 1936 (relatos)
En el pueblo hay caras nuevas, 1945 (novela en castelán, finalista do Premio Nadal)
A pega rabilongo e outras historias de tesouros, 1971 (narrativa infantil)
Poesía
Poemas de ti e de min, 1949 (poemario co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez)
Roseira do teu mencer, 1950 (poemario)
Cancioneiro de Monfero, 1953 (poemario)
Romance do pescador peleriño, 1954 (poemario)
Escolma de epigramas, 1968 (poesía)
Canle segredo, 1976 (escrito en 1954) (poemario)
Ensaio
Escolma de poesía medieval, 1975
Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX, 1959 se neno da rúa
XOSE MAIse neno da rúa
POEMA :
ISE NENO DA RÚA
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
O MUIÑO
- Muíños na zona de Chantada
- Muíños que estánn en funcionamento na actualidade
- Cantigas
- Ditos ou refráns relacionados co tema
- Visita ó muíño
RECURSOS WEB
- http://www.museodopobo.es/uploads/file/edac-muinhos.pdf
- http://usuarios.lycos.es/aureano/muinhos.htm
- http://moana.servidores.net/gl/folclore/muinos.htm
- http://www.xornal.com/article.php3?sid=20060618142641
OUTROS RECURSOS
. Contactarase cun forno para ver a posibilidade de que os vaian á panadería, facer pan.
. Pódese:
- Inventar unha historia e ilustrala
- Facer debuxos sobre o tema
- Outras ideas que se vos ocorran ...
RECURSOS
- O ENDL TEN UN DVD SOBRE O TEMA
- DIÁLOGO COS MAIORES
- CD MÚSICA ENL (CANTIGAS : SEMENTEIRA, O ARADO, LABREGO)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
Etiquetas
- ANIMACIÓN Á LECTURA (1)
- EDUCACIÓN INFANTIL (1)
- ENCONTRO CO ESCRITOR ANTONIO REIGOSA (1)
- ENLACES DE INTERÉS (1)
- LENDAS ILUSTRADAS POR PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1)
- LETRAS GALEGAS 2008 (1)
- LETRAS GALEGAS 2009 (1)
- LETRAS GALEGAS 2009:MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE RAMÓN pIÑEIRO (1)
- LETRAS GALEGAS 2014:XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1)
- OS MÁIS PEQUENOS PLANTAMOS UNHA CEPA NO PATIO (1)
- PRIMEIRO CICLO (1)
- REVISTA CHORIMA 2009 (1)
- SEGUNDO CICLO (1)
- TEATRO MIGALLAS: Camiño de Historias (1)
- TRÍPTICOS (1)
- TÍTERES NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO (1)
- XOGO SOBRE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1)