ç
VIDA E OBRA DE FILGUEIRA VALVERDE |
OBRA LITERARIA |
|
PASAPALABRA |
TEST |
ACTIVIDADES LIM |
RECURSOS SEMINARIO GALÁN |
En 1923 formou parte do grupo de
fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia
da Literatura. Desde ese momento e ata a súa morte, acontecida en Pontevedra en
1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas
culturais.
Filgueira Valverde iniciou o seu
amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra.
En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes
de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi
alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello
profesor".
Membro numerario da Real Academia
Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e
de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da
Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o
Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos
Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro
de Cultura da Xunta de Galicia.
Na década de
trinta foi colaborador habitual de El
Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en que
mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J.
A. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía,
o ensaio e o teatro. Así, na súa producción figuran o libro de relatos Os
nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto
teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) —estreado en 1932—,
de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932)
e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle
composicións do medioevo e etapas posteriores que fan referencia á capital
galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971).
Porén, a
maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo
da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola prensa diaria, foron
recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre
os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval
verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos
dispersos (1927-1987).OBRA DE FILGUEIRA VALVERDE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario