MIGALLAS TEATRO: VAI SER BOA! DÍA 26 DE MARZO DE 2014 NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO.

TEATRO NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
O próximo 26 de marzo de 2014,  o grupo Migallas Teatro, representará a obra: 

Vai ser boa!
 
Novo espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”
no que se combinan cancións con accións dramáticas
 relacionadas coa súa temática.
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) 
mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan,
 entre outros, son: a importancia da relación entre avós 
e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións
 tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento 
e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.

MIÑA AVOA MANUELA


                                                     
                                                                PAN DE MILLO


                                 
                                                    O ESPANTALLO DIVERTIDO


Un espantallo divertido son. Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)
Catro farrapos vellos,
e palla de centeo.
Cabeza de cabaza,
nariz de pataca
e levo por sombreiro
o fondo dun cesto. (Bis)
Un espantallo divertido son...
Fun feito «pra» dar medo
aos corvos e aos merlos,
ás pegas rabilongas,
ás rulas, ás pombas,
pardais e paporrubios
que todos se escondan! (Bis)


ADEMAIS DAS CANCIÓNS ANTERIORES, INTERPRETARÁN OUTROS TEMAS COMO:

"Eu teño un canciño"

"Pinocho"

"O tiroliro"

"Unha vella tiña un can"