POEMAS MUSICADOS DE DÍAZ CASTRO

                                                         
                                 "PENÉLOPE" , poema musicado por Mini e Mero.


 "A NOITE É ", poema musicado pola profesora de música do IES de  Guitiriz, Sandra    Tenreiro     



https://soundcloud.com/tags/nimbos 

MIGALLAS TEATRO: VAI SER BOA! DÍA 26 DE MARZO DE 2014 NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO.

TEATRO NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
O próximo 26 de marzo de 2014,  o grupo Migallas Teatro, representará a obra: 

Vai ser boa!
 
Novo espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”
no que se combinan cancións con accións dramáticas
 relacionadas coa súa temática.
A música está gravada (toca unha banda de pulgas) 
mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan,
 entre outros, son: a importancia da relación entre avós 
e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións
 tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento 
e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.

MIÑA AVOA MANUELA


                                                     
                                                                PAN DE MILLO


                                 
                                                    O ESPANTALLO DIVERTIDO


Un espantallo divertido son. Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)
Catro farrapos vellos,
e palla de centeo.
Cabeza de cabaza,
nariz de pataca
e levo por sombreiro
o fondo dun cesto. (Bis)
Un espantallo divertido son...
Fun feito «pra» dar medo
aos corvos e aos merlos,
ás pegas rabilongas,
ás rulas, ás pombas,
pardais e paporrubios
que todos se escondan! (Bis)


ADEMAIS DAS CANCIÓNS ANTERIORES, INTERPRETARÁN OUTROS TEMAS COMO:

"Eu teño un canciño"

"Pinocho"

"O tiroliro"

"Unha vella tiña un can"
                                                         

BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO




BIOGRAFÍA Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega,Ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas).      En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra.      O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país.      Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela.      Tras unha vida entragada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1989.