ACTIVIDADES PROGRAMADAS CURSO 2014/2015



CEIP XOÁN DE REQUEIXO
                 EDLG




PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
 DA
LINGUA GALEGA









CURSO 2014/2015





ESQUEMA


       
                        MEMBROS DO EDL PARA O CURSO 2014/2015

                   CALENDARIO DE REUNIÓNS


                        OBXECTIVOS

       
                        DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DE DINAMI-                        ZACIÓN  LINGÜÍSTICA PARA CADA UN DOS                           OBXECTIVOS PROPOSTOS:

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

               - AO LONGO DO CURSO







     


 MEMBROS DO EDLG  PARA O CURSO 2014/2015

               O  EDLG  durante este curso 2014/2015 está formado por:

          E INFANTIL: 
                 Rosa María Yebra Amorín
           
            Mª Luz Otero Meijide
                                 
          1º CICLO:
              Carmen Pedrouzo Ucha
                   
         
          2º CICLO:
              Mª Luisa Díaz Pardo
                   
          3º CICLO:
           Alicia Varela Fernández
            Manuel Ángel Gómez Abad
Aurelia Daviña Gómez

            PERSOAL NON DOCENTE:
           Sonia Martínez Álvarez
         
          COORDINADORA:

                    Aurelia Daviña Gómez
                     


CALENDARIO DE REUNIÓNS


SET

OUT

NOV

DEC

XAN

FEB

MAR

ABR

MAIO

XUÑO

25


23

20

18

29

19

19

23

21

18


OBXECTIVOS
                            
             -Potenciar o uso da lingua galega en todas as actividades do CEIP Xoán de                Requeixo.
         
          -Lograr unha valoración positiva da  cultura e a lingua galega.

          -Trazar liñas de traballo que promovan a autoestima lingüística das familias,                   valorándoas como elemento imprescindible na transmisión do idioma e                como elemento insustituible na aprendizaxe do alumnado.

          - Fomentar o interese pola audición da música galega.

          -  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.

          - Contribuír á recuperación da tradición no  contorno.

          - Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

          - Ampliar o fondo fonográfico , bibliográfico e audiovisual do centro.

          - Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso          traballo de Equipo.

  -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o    desenvolvemento de diferentes actividades: concello, asociación de hosteleiros…

          -Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo.
  
Colaborar con outros centros nun proxecto común.

             -Achegar ao alumnado a ámbitos xeográficos galegos diferentes ao noso,  cunhas tradicións e medios de vida diferentes.
        

  DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DE            DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA  PARA CADA UN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS.

          Antes de cada actividade constarán os  obxectivos  que se pretenden acadar coa mesma, anque hai que dicir que  dous deles   están presentes en todas as actividades .Coa finalidade de non repetilos , citámolos a continuación:

  1. -Potenciar o uso da lingua galega en todas as actividades do CEIP Xoán de  Requeixo.
           
 2.-Lograr unha valoración positiva do uso da lingua galega.

           Ao comezo de cada actividade, recordaremos o obxectivo que se           pretende acadar coa mesma.
         
As actividades por trimestre, son as que seguen :

1º TRIMESTRE 
PARTICIPACIÓN XUNTO CON OUTROS CENTROS DA COMUNIDADE GALEGA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO ESTIÑO

Obxectivos
- Colaboración con outros centros nun proxecto común
- Contribuir á recuperación da tradición do contorno.
 - Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
 -Potenciar a colaboración das familias no proceso.
 -Achegar o traballo do alumnado ás familias .
         
          Igual que en anos anteriores participaremos nesta actividade, conxuntamente con outros centros de Galicia. 
O tema  do calendario 2015; será as abellas.
.Unha vez que se saiba o deseño do calendario deste curso, informarase a todos os titores e titoras  por escrito das directrices a seguir, xunto coa maqueta dentro da cal se  realizará dito traballo.

Posteriormente recolleranse os traballos e os membros do EDL seleccionaremos os que nos parezan mellores, antes de reunirnos cos outros centros.
Por último farase unha reunión conxunta co fin de seleccionar  soamente un traballo para formar parte do calendario.
        
Esta actividade irá dirixida a todo o alumnado do centro.

                  
CONCURSO: “CONTÁMOSCHO EN FAMILIA”

Obxectivos:
 -Trazar liñas de traballo que promovan a autoestima lingüística das familia  valorándoas como elemento imprescindible na transmisión do idioma e como    elemento insustituible na aprendizaxe do alumnado.
 - Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
 -Potenciar a colaboración das familias no proceso de ensino-aprendizaxe.
 -Achegar o traballo do alumnado ás familias .
- Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
        
Convocarase un concurso. Cada alumno ou alumna pode presentar o seu conto  coa axuda da súa familia: nai, avoa, avó, pai…. Non poden ser contos coñecidos.
Daranse a coñecer as bases do concurso @s  profesor@s  titor@s e as familias.

Os membros do EDLG serán o xurado  .

Haberá premio para os gañador@s.

•    FELICITACIÓN DE NADAL PARA ENVIAR ÁS FAMILIAS .


•    Obxectivos:
-  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.
 -Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
- Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso   traballo de Equipo.


          Tomarase unha foto de cada grupo que formará parte da felicitación, este ano, igual que o curso pasado, temos previsto que a felicitación se convirta nun calendario de mesa.


          . CREAR UN CD CON MÚSICA GALEGA
     -Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso   traballo de Equipo.
            - Fomentar o interese pola audición da música galega.
            - Ampliar o fondo fonográfico , bibliográfico e audiovisual do centro.

          Dada a valoración positiva que tivo esta actividade os cursos pasados, daráselle continuidade este ano,  creando un  cd, para uso didáctico,  con cancións novas de música galega.
          Este cd distribuiráse entre todo o profesorado e persoal non docente do centro.

                                               SEGUNDO TRIMESTRE

CAMPAÑA: “ O GALEGO Á MESA”


Obxectivos:
            - Mellorar a competencia lingüística do  contorno.
            - Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
            -Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo.
- Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute -Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.

Acudiremos aos restaurantes da vila  que non teñan as súas cartas de menú en galego e traducirémolas. 

DESEÑO A MIÑA GAL- SHIRT

Convocaremos un concurso para facer unha camiseta que conteña un lema en defensa do idioma  galego.



TARXETAS AGASALLOS CON CITAS LITERARIAS EN DEFENSA DO GALEGO: “Non esquezas que alguén dixo…”
Obxectivos
           - Lograr unha valoración positiva da  cultura e a lingua galega.
            -Buscar a colaboración doutras entidades do entorno para o    desenvolvemento da    actividade.

            En colaboración coas tendas da vila, elaboraremos etiquetas    que conteñan unha CITA LITERARIA ilustrada en galego.
            Estas etiquetas serán distribuídas polas tendas de agasallos da vila, acompañando a cada compra.



OBRA DE TEATRO PROFESIONAL


- Fomentar o gusto pola lectura
- Valorar  a cultura galega

          Contactaremos cun grupo de teatro profesional coa finalidade de que representen unha función para todo o alumnado  do colexio.



INICIACIÓN DO TRABALLO PARA A PUBLICACIÓN DO NÚMERO 14 DA REVISTA CHORIMA

          Iniciarase a distribución do traballo por nivel ou clase.
          Trazaranse as liñas a seguir .


3º TRIMESTRE

REVISTA ESCOLAR CHORIMA
   Obxectivos
–    -Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de         Equipo.
               - Fomentar o gusto pola lectura.
- Valorar  a cultura galega.
-  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.
           -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o desenvolvemento       de    diferentes actividades.
                 -Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo.
             – Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa


          Publicarase durante o mes de maio o  seguinte número  da revista Chorima.
         
            VISITA DUN ESCRITOR OU ESCRITORA  OU ILUSTRADOR/A  
        En colaboración coa Biblioteca Escolar, programarase a visita dalgún escritor ou escritora para 2º e 3º ciclos, achegando ao alumnado á obra do mesmo , e algún contacontos para Educación Infantil e 1º ciclo.
  

        CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Obxectivos
- Valorar  a cultura galega.
-  Achegar o traballo do alumnado ás familias para o seu disfrute.
 – Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa


Organizarase un Festival para celebrar o mes das Letras.



ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER AO LONGO DE TODO O CURSO

COÑECEMOS AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

O EDLG, colaborará coas  titoras de 6º curso para dar a coñecer   á comunidade educativa un traballo iniciado  co seu alumnado o curso pasado sobre as árbores do patio.


RECUPERACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS NO PATIO
Obxectivos
- Recuperar o gusto polos xogos tradicionais.
- Socializar entre si ao alumnado que ten dificultades para facelo.

Igual que o curso pasado, e en colaboración co profesorado de Educación Física, o EDL tentará dinamizar os xogos do patio nas horas de lecer.
          Faranse quendas para os diferentes xogos , e ao final da quenda terá lugar unha competición.
  
ADQUISICIÓN DE BIBLIOGRAFÍA E DIFERENTE MATERIAL DIDÁCTICO.
Obxectivos

               - Fomentar o gusto pola lectura
- Valorar  a cultura galega
- Ampliar o fondo fonográfico , bibliográfico e audiovisual do centro
.– Mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa


          - Adquirir  bibliografía sobre o escritor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde.
          - Proporcionaráselle ao profesorado, material didáctico sobre o escritor              homenaxeado.
-Adquisición de calquera tipo de bibliografía que se considere interesante para a aprendizaxe e mellora da lingua galega.


INTERCAMBIO   CUN COLEXIO DUN ÁMBITO XEOGRÁFICO DISTINTO Ó NOSO 
Obxectivos
          - Utilizar as TIC para realizar  as diferentes actividades e dar a coñecer o noso traballo de Equipo.
           -Buscar a colaboración de outras entidades do entorno para o desenvolvemento de    diferentes actividades.
    - Achegar ó alumnado a ámbitos xeográficos diferentes ó noso,  cunhas tradicións e medios de vida diferentes

Estamos contactando co CEIP Ría de Vigo, da cidade de Vigo.

           
          COLABORAREMOS CO EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NAS  DIFERENTES  CELEBRACIÓNS: SAMAÍN, MAGOSTO, DÍA DA PAZ...





No hay comentarios: