CALENDARIO ESTIÑO: A ABELLA NO REFRANEIRO POPULAR GALEGO

O tema do calendario ESTIÑO do ano 2015 será:
 AS ABELLAS.


A ABELLA NO REFRANEIRO POPULAR GALEGO




·           A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
·           A abellariza e o coello, no monte vello.
·           A cera sobexa queima a igrexa.
·           A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto.
·           A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
·           A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
·           A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.
·           A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
·           Abella e ovella, e pedra que trebella.
·           Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
·           Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
·           Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
·           Ano de abellas, ano de ovellas.
·           Ano de ovellas, ano de abellas.
·           As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva.
·           As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
·           Ás solteiras mel, ás casadas fel.
·           Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
·           Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.
·           Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.
·           Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
·           Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
·           Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
·           Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa.
·           Chuvia polo agosto é mel e mosto.
·           De Dios vén o ben e das abellas o mel.
·           Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
·           En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
·           En agosto chove mel e mosto.
·           En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
·           En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
·           Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
·           Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
·           Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
·           Marzo marzán, cara de can; a mediodía enzamea a colmea e a noite morre a abella.
·           Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
·           Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel.
·           Moscas comen o mel i o gando.
·           Non está feito o mel prá boca do burro.
·           Non hai máis cera cá que arde.
·           Non se fixo o mel pró fuciño do porco.
·           Non sea tanta a cera que prenda lume.
·           Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
·           O que mata unha abella, ten cen anos de pena; o que mate un abellón ten cen anos de perdón.
·           O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
·           O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muiño onde moer.
·           Ó que se fai mel cómeno as moscas.
·           O viño con mel sabe mal e fai ben.
·           Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.
·           Os recíos de agosto son mel e mosto.
·           Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
·           Ovella vella, enxamio probe, no maio morre.
·           Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
·           Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.
·           Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.
·           Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
·           Polo san Miguel sabe o touciño a mel.
·           Prá boca do burro non se fixo o mel.
·           Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
·           Quen todo é mel, cómeno as abellas.
·           San Pedro por unha abella matounas todas.
·           Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.
·           Se queres mel, por San Miguel.
·           Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel.
·           Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel.
·           Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra.
·           Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
·           Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
·           Todos ó mel e todos ó fel.
·           Unha mala abella revolve un cobo.
·           Unha mala abella revolve unha colmea.
·           Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas.
·           Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
·           Vinagre e mel saben mal e fan ben.

No hay comentarios: