CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS 2008, A BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA VÉN DE INAUGURAR RECENTEMENTE O SEU ESPECIAL ADICADO Á FIGURA DO ESCRITOR XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.
NESTE ENDEREZO
http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2008/index.html

OFRÉCESE INFORMACIÓN BIOGRÁFICA, BIBLIOGRAFÍA, ASÍ COMO UNHA ESCOLMA DA SÚA PRODUCIÓN LITERARIA E LIGAZÓNS A OUTRAS PÁXINAS SOBRE O AUTOR.


BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
(Tui, 1915- Vigo, 1985)
A biografía de Álvarez Blázquez, militante do galeguismo desde 1934, está marcada polo tráxico fusilamento do seu pai, o doutor Darío Álvarez Limeses en Tui, o 30 de outubro de 1936.
Mestre de profesión, foi desterrado a Coreses (Zamora), tendo finalmente que deixar a carreira e regresar a Vigo, a cidade na que desenvolveu grande parte da súa vida, e onde era Cronista Oficial da cidade.
Membro da Academia Galega, preocupado por recuperar textos dos chamados ‘anos escuros’, o seu discurso de ingreso versou sobre esa época co título de Cantares e romances vellos prosificados.
Por outra parte é coñecido o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como editor. En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo.
Máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. Ás Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e se vendeu por milleiros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os escritores contemporáneos de Celso Emilio Ferreiro a Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Manuel María.
OBRAS

Autor de tres poemarios en galego, unha pequena obra en prosa e diversos estudos de investigación na nosa lingua, en Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) recoñece a Academia un intenso labor patriótico, “exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou
Narrativa
Os ruíns, 1936 (relatos)
En el pueblo hay caras nuevas, 1945 (novela en castelán, finalista do Premio Nadal)
A pega rabilongo e outras historias de tesouros, 1971 (narrativa infantil)
Poesía
Poemas de ti e de min, 1949 (poemario co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez)
Roseira do teu mencer, 1950 (poemario)
Cancioneiro de Monfero, 1953 (poemario)
Romance do pescador peleriño, 1954 (poemario)
Escolma de epigramas, 1968 (poesía)
Canle segredo, 1976 (escrito en 1954) (poemario)
Ensaio
Escolma de poesía medieval, 1975
Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX, 1959 se neno da rúa
XOSE MAIse neno da rúa
POEMA :
ISE NENO DA RÚA

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡




O venres día 11 de abril haberá dúas sesións de títeres a cargo do grupo TITIRIMAÑA. A obra titúlase Carmiña Rañolas e as Tarrañolas.

LUGAR
Salón de Actos

HORARIO
Ás 12 horas: 2º e 3º ciclo

Ás 14.20 horas : Educación Infantil e Primeiro Ciclo



FOTOS DE LEMBRANZA DA REPRESENTACIÓN